SE O LICEO XA NOS PARECÍA UN GRAN ÉXITO, ONTE OS RAPACES CONSEGUIRON FACERSE CO TÍTULO DA COPA BENXAMIN DE F8 DE 2ª AUTONÓMICA TRAS DERROTAR O SAGRADO CORAZON POR 3 GOLES A CERO.
SEN DÚBIDA TODO UN LOGRO QUE UN COLEXIO, CONSIGA GAÑAR UN TROFEO NA MODALIDADE DE F8 CO GRAN NÚMERO DE CLUBES QUE HAI NA PROVINCIA DE LUGO.
O NOSO BENXAMÍN A, SAIU MOI CONCENTRADO DENDE O INICIO SABENDO A IMPORTANCIA DO PARTIDO, E PÚXOSE POR DIANTE A FALTA DE 5 MINUTOS PARA O REMATE DA PRIMEIRA PARTE. XA NA SEGUNDA E COAS PILAS CARGADAS E ALGÚN DETALLE CORREXIDO, CAERON O SEGUNDO E O TERCEIRO DEIXANDO VER A SUPERIORIDADE DE FRANCISCANOS.
AÍNDA ASÍ DARLLE A NORABOA O SAGRADO CORAZÓN, RIVAL MOI DIGNO QUE NOS PUXO AS COUSAS MOI DIFICILES EN MOITOS MOMENTOS DO PARTIDO E XOGANDO CUNHA GRAN INTENSIDADE, UN PRACER SEMPRE ENFRENTARSE A ELES.
E CON ESTE TÍTULO REMÁTASE A TEMPADA OFICIAL DE F8, CUN BALANCE MÁIS QUE POSITIVO PARA O BENXA A, CO TÍTULO DE LIGA E COPA NO SEU BOLSILLO (HOXE RECIBIRA UN PREMIO DA GALA DO PROGRESO POLO TÍTULO LIGUEIRO) E DOS BENXAMÍNS B, QUE LOGRARON UN TERCER POSTO TANTO EN LIGA COMO NA FASE DE GRUPOS DA COPA.
A VINDEIRA CITA SERÁ O DOMINGO, NO TORNEO DE F8 DO SPORTING BURGO, UN DÍA DE FESTA E CELEBRACIÓN.
GRACIÑAS A TODOS OS QUE APOIASTES E ANIMASTEDES ÓS RAPACES.
MOI ORGULLOSOS DOS NOSOS XOGADORES, DA GUSTO VELOS MEDRAR.
#FORZAFRANCIS !
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.